jueves, 7 de mayo de 2020

XOVES 7 e VENRES 8 DE MAIO

Hoxe é un día importante, xa que nunhas horiñas poderemos vernos todos, aínda que sexa a través dunha pantalla. Seguro que algúns estades nerviosos, así que para relaxarnos e comezar ben o día imos aprender unha das posturas básicas de ioga : O saludo ao sol. Esta practica é moi interesenta xa que axuda ao noso corpo activarse para comezar ben o día. A ver se vos vexo relaxados despois.


MATEMÁTICAS

Hoy vamos a hacer sólo unas cuentas para no olvidarnos de multiplicar y dividir. Cópialas en la libreta y resuelve.

LINGUA
Hoxe comezaremos con tarefas sobre o Día das Letras Galegas, xa que se festexará o vindeiro domingo 17. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, unha figura moi importante para a Lingua e Literatura Galega. Estas semanas aprenderemos moito sobre a súa vida e obra. Estades preparados? Haberá máis dunha sorpresa, pero precisamos da vosa colaboración para realizala.
Para as tarefas do Día das Letras Galegas converterédesvos en auténticos INVESTIGADORES.
Xa estades acostumados a investigar cos proxectos de clase, así que esta tarefa seravos máis sinxela, porque atoparedes toda a información nos arquivos e actividades que vos poño aquí. O voso traballo expoñerase  na web, así lembrade ser coidadosos na vosa investigación e na presentación!

Coñezamos entón un pouco sobre a vida do autor homenaxeado. Premede na imaxe para acceder á actividade!
Lede a seguinte información e facede as actividades en liña que hai despois da lectura. Ao rematar mandade foto ao classdojo co voso resultado.



A ver se xa coñecemos mellor ao autor. Neste libro interactivo podedes comprobalo
Apetécevos xogar un chisco. Pois aquí vos deixo un xogo de escape que está relacionado coa casa onde vivía Carvalho Calero. A ver que nivel de investigadores conseguides. Mandade foto do voso DIPLOMA.

SEGUNDA PARTE DA TAREFA

Despois de ver un pouquiño sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero, imos a parte sobre a que máis temos que investigar: A súa obra. 
Primeiro teredes que ler a seguinte información(este punto é MOI IMPORTANTE) 
Realizar as actividades online. 
Ver un vídeo seguido dun xogo de preguntas.
E despois diso, pasareivos unhas plantillas.

As instruccións dareivolas a cada un por privado a través de Classdojo, porque cada un terá unha tarefa diferente (aquí é onde vos explicarei ben que tedes que buscar, como tedes que expoñelo e as instruccións para facer os vosos vídeos despois da investigación)

RICARDO CARVALHO CALERO: OBRA

ACTIVIDADES EN LIÑA

VÍDEO + XOGO

TAREFA: PLANTILLA COA OBRA DE CARVALHO CALERO
O voso traballo de hoxe é cubrir esta plantilla que nos mandou facer Ouliña, cos datos que se vos vai pedir a cada un. Para isto tedes que seguir uns pasos:
1º. Lemos o libriño sobre a obra do autor.
2º. Cada un recibirá unha mensaxe en Classdojo coa súa pregunta.
3º. Copiar a pregunta e a resposta na libreta e mandar a foto a Classdojo durante esta mañá.
4º. Unha vez que eu vos corrixa a resposta, debedes pasala a limpo na plantilla.
A plantilla consta de 2 follas, unha na que se explica onde poñer cada apartado: pregunta, resposta e debuxo. E outra folla ca plantilla que debedes completar.
. Cubrir a plantilla con letra clara e boa presentación (non escribades a lapis) e facer o debuxo.

Aquí tedes 2 opcións:

  • Imprimir a plantilla que vós dou.
  • Crear unha plantilla personalizada. Aínda que lembrade que a estrutura debe ser a mesma (Título arriba, debaixo resposta á esquerda e debuxo á dereita)
LEMBRADE QUE O FOLIO DEBE ESTAR EN HORIZONTAL.


6º. A algúns de vós non vos tocará pregunta, senon que se vos pedirá que escribades un fragmento dunha obra (aparecen tamén no libriño no que tedes que buscar a información)

Usaredes a mesma plantilla pero poñendo a seguinte información:

  • Onde pon pregunta, vós escribiredes o TÍTULO DA OBRA
  • No lugar da resposta, escribiredes o FRAGMENTO
  • E, por último faredes o DEBUXO

7º. Cando rematedes, enviaredes unha foto ben clariña a ClassDojo. E enviareivos as instruccións para facer un vídeo. Mentres non vos cheguen as instruccións aproveitade para ir practicando en alto o que escribistes!!

PREMEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA ACCEDER Á PLANTILLA

https://drive.google.com/file/d/1ho10ql7PB82YdNOC9KPrGENKrAv0aiq1/view?usp=sharing

SEGURO QUE  OULIÑA VAI ESTAR ORGULLOSA DE TER O VOSO TRABALLO EXPOSTO NA BIBLIOTECA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLTA AO COLE

  Tod@s tiñamos xa moitas ganas de voltar á escola. Aínda que este curso vai ser ben diferente e temos que adaptarnos á nova situación. Hai ...