Tod@s tiñamos xa moitas ganas de voltar á escola. Aínda que este curso vai ser ben diferente e temos que adaptarnos á nova situación. Hai unha serie de precaucións importantes que temos que ter en conta. Imos ver o seguinte vídeo para ver en que situación nos atopamos e que medidas debemos tomar.
Imos ler entón un pequeno texto sobre este tema. Presta atención para contestar correctamente ás preguntas. Preme na imaxe para ler o texto completo e as preguntas.
CONTO
Parece que hai uns puntos ben importantes para coidarnos entre todos
UNHA DAS PRECAUCIÓNS MÁIS IMPORTANTES É MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE. LÉMBRAO CANDO FAGAMOS AS FILAS, CANDO ESTEAMOS NO PATIO CON OUTROS GRUPOS, PRESTAMOS ATENCIÓN AO NOSO LUGAR PARA MANTER A DISTANCIA ADECUADA.ADEMÁIS CANDO SAÚDEMOS AOS NOSOS COMPAÑEIR@S XA NON DEBEMOS ABRAZARNOS. PERO TEMOS UNHA CHEA DE MANEIRAS DE SAUDARNOS.MIRADE!!
COMO VEDES NA IMAXE, TEMOS QUE TER MOITO COIDADO DE TUSIR NO CODO NO MOMENTO EN QUE NON TEMOS A MÁSCARA. E PARA QUE NON NOS ESQUEZA, ESCOITEMOS A CANCIÓN.
NON ESQUECER A MÁSCARA (Traer sempre unha de reposto)
E QUE ME DICIDES DO LAVADO DE MÁNS? MIRADE O SEGUINTE EXPERIMENTO QUE PODEDES FACER NA CASA E CO QUE PODEMOS COMPROBAR O IMPORTANTE QUE É LAVAR AS MANS
PERO SABEDES COMO FACELO DE MANEIRA CORRECTA? OBSERVADE
IMOS ESCOITAR A SEGUINTE CANCIÓN E PRACTICAR ANTES DE IR A LAVAR AS MANS.
PENSADE NALGUNHA MEDIDA MÁIS QUE PODEMOS TER EN CONTA PARA EVITAR O CONTAXIO E COMPARTÍDEA COA CLASE.
CÁLCULO
IMOS POÑER A TRABALLAR UN POUCO O NOSO CEREBRO CUN POUQUIÑO DE CÁLCULO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario