lunes, 4 de mayo de 2020

ACTIVIDADES LUNS 4-5-2020


LINGUA

Que tal foi esta fin de semana larga? Agora que podedes saír e co bo tempo que fixo, de seguro que o pasastes moi ben. 
Á volta de vacacións ou dalgunha ponte soemos facer un xogo na clase, lémbrades. Pois imos intentalo á distancia. Para iso:
Ides escribir o que fixestes durante a semana pasada, incluso podedes contar como vos sentistes os primeiros días que saístes. Debe estar ben contado, non valen frases soltas, é dicir, sodes narradores que tedes que contarme unha historia (incluíde algún debuxo)
Durante esta semana eu subirei ás historias de ClassDojo as vosas narracións, así que deixádeas ben presentadiñas e bonitiñas e reledeas varias veces para ver que se entenden ben.
Unha vez subidas, en comentarios podedes deixar o nome da persoa que credes que a escribiu. 
Ao final da semana, aqueles que acertarades todas as historias, conseguiredes un puntiño de Ben Feito.


MATEMÁTICAS
Seguimos repasando las unidades de medida de capacidad y masa. Para ello, vamos a comenzar con una serie de actividades online, antes de coger el libro!


Ahora sí, vamos a seguir practicando medidas con ejercicios del libro.

ACTIVIDADES
Página 125, ejercicios 8, 9, 10 y 14

IOGA
Despois de todas as tarefas de hoxe, ben merecedes un chisquiño de relaxación e estiramento do corpo. Que de seguro vos vén ben despois do exercicio que levades feito estes días.
Para isto déixovos o seguinte vídeo para que coñezades máis posturas de ioga que axudan a manter unha boa postura corporal. Disfrutádeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLTA AO COLE

  Tod@s tiñamos xa moitas ganas de voltar á escola. Aínda que este curso vai ser ben diferente e temos que adaptarnos á nova situación. Hai ...