AS LETRAS GALEGAS
Estas dúas semanas estivestes traballando moito para coñecer ao autor homenaxeado do Día das Letras Galegas de 2020. Aprendestes sobre a súa vida, sobre algunha obra e incluso lestes algunha delas. Hoxe a profe Tati e eu traémosvos unha proba para que comprobedes todo ese coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero. Trátase do xogo Pasapalabra. Antes de facelo, podedes repasar vídeos, libros, actividades que xa fixestes sobre o escritor e que tedes no blog.
Non esquezades escribir acentos gráficos para que a resposta sexa correcta!
Mándade ao Classdojo a foto cos vosos resultados! Sorte!!
CERTAMES
Déixovos un par de ligazóns para quen queirades participar nestes dous certames. Hai premios interesantes. En ambos os dous certames (o de relatos breves como o de artes plásticas) tedes ata o 31 de maio para presentar as vosas propostas! Animádevos!
VÍDEO DO RETO LETRAS GALEGAS
Esta foi a nosa peculiar maneira de festexar o Día das Letras Galegas este 2020 e facer unha homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Moitas gracias a tod@s por facer que este reto saíse así de ben!

Podedes utilizalo para o pasapalabra, xa que hai unha chea de información sobre a obra do autor neste vídeo.
PASADE UNHA BOA FIN DE SEMANA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario